Ourense destaca por ser unha das provincias con maior tradición termal e de balnearios da península, sendo ademais o seu capital una das principais cidades termais de Europa. Por conseguinte, ademais dos beneficios que estas augas achegan á poboación local, o turismo termal constitúe en Ourense unha actividade estratéxica e un importante motor de desenvolvemento económico.

A importancia histórica e a relevancia do sector do termalismo xustifican a especialización do Campus de Ourense da Universidade de Vigo como Campus Auga e a existencia de áreas específicas dedicadas ao termalismo nas institucións de goberno.

Por todas estas razóns Ourense constitúe un lugar idóneo para o establecemento da sede permanente do Simposio como punto de encontro periódico de referencia para especialistas da Comunidade Autónoma, Nacionais e Internacionais dos distintos ámbitos de coñecemento relacionados co termalismo, e como punto de partida para dar a coñecer aos visitantes a riqueza das augas, as paisaxes e os establecementos termais da provincia e da Comunidade Autónoma.

TERMAS E HISTORIA | TERMAS E NATUREZA | TERMAS E CONTORNA

 

Termas e Historia

Fonte das Burgas

Para algúns investigadores o sitio das Burgas é sinónimo da orixe da cidade de Ourense; tres mananciais cun enorme caudal de auga mineiromedicinal que durante séculos atraeron aos habitantes dos castros veciños até dar lugar a un primitivo asentamento, xermolo do que será Ourense.
Os restos arqueolóxicos atopados na zona constatan unha tradición termal de máis de 2.000 anos de historia, que comeza cos primeiros poboadores romanos, quen xa bautizaran a Ourense como Aquis Auriensis polo ouro da cunca fluvial do Miño e as augas termais.
En recoñecemento a este papel central na historia da cidade, o sitio das Burgas foi declarado Ben de Interese Cultural en 2007. Non se trata só dun dos espazos máis emblemáticos de Ourense senón tamén o que mellor representa a relación íntima da cidade coa súa auga.

Máis información

Termas e natureza

Termas de Outariz

Ao seu paso por Ourense, o río Miño, outrora rico en depósitos de ouro, debuxa unha paisaxe de marxes fluvais frondosos onde as súas augas conviven coas das surxencias termais, nunha contorna natural inigualábel a só un poucos pasos do centro da cidade. A Ruta Termal do Miño fórmana cinco quilómetros de senda peonil; un espazo ideal para practicar jogging ou dar longos paseos e que, ademais, concentra até sete instalacións termais onde descansar e relaxarnos mentres gozamos dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán.
A ruta arranca na marxe dereita do Miño, a só uns poucos metros da Ponte do Milenio. Ubícase aquí a zona termal da Chavasqueira, a máis próxima á cidade, onde podemos escoller entre o ambiente de inspiración xaponesa do pequeño balneario da Chavasqueira ou un baño baixo as estrelas nas piscinas exteriores, de balde.

Máis información

Ourense e contorna

Ribeira Sacra

Se a cidade de Ourense ostenta o título de Capital Termal de Galicia, é xusto lembrar que o territorio que a rodea non queda atrás. A provincia é a que conta con máis surxencias miñeiromedicinais catalogadas en toda Galicia, con oito balnearios en activo e novas instalacións proxectadas. Pero ademais, Ourense, desde a súa encrucillada entre os ríos Miño e Barbaña domina un territorio marcado pola beleza das súas paisaxes.
O veciño río Sil traza os espectaculares cañóns da Ribeira Sacra, denominación de orixe vinícola onde ademais de natureza atopamos monumentais mosteiros románicos como o de San Estebo de Ribas de Sil, hoxe parador nacional. O val do Ribeiro é tamén cuna dun dos viños de máis sona en España e a sua capital, Ribadavia é un núcleo histórico singular con castelo medieval e xudería. O río Avia rega este val onde tamén se atopan as vilas termais de Arnoia, e Cortegada, con sendos balnearios.

Máis información