Cómo chegar a Ourense | Aloxamento

 

Cómo chegar a Ourense

Ourense, referente urbán da Galicia interior, actúa polo seu emprazamento como un eixe de comunicacións que conecta a Galicia Atlántica co resto de España. Ademais, mantén un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira se atopa a 60 quilómetros de distancia.

Por estrada

En coche propio ou autobús, Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, están conectadas por autoestradas e autopistas e se atopan nun radio de menos de 200 quilometros á redonda. A A-52 sitúa a cidade a soamente 4 horas de Madrid, mentras que a segunda cidade portuguesa, Porto, se atopa a menos de 2 horas de traxecto.

Coordenadas: 42º20’11”N 7º51’48”W – 42.3379,-7.8638

Principais accesos:

  • Dende A Coruña e Santiago de Compostela: AP-53
  • Dende Porto, Vigo, Madrid: A-5
  • Dende Lugo: N-540

En tren

Con conexións co resto de España e á espera de que entre en funcionamento a liña AVE que conecte Ourense con Madrid en 2 horas e media, os novos trens AVANT comunican A Coruña con Ourense en só 1h.10 minutos e Santiago de Compostela en 38 minutos.

Consulte www.renfe.es para ver as combinacións.

En avión

Aínda que Ourense non conta con aeroporto, as boas comunicacións sitúan aos tres aeroportos galegos internacionais a só un paso. O aeroporto de Peinador en Vigo está a 90 km, Lavacolla en Santiago de Compostela a 115 km e Alvedro en A Coruña a 176 km. Tamén é posible viaxar dende Sá Carneiro, en Porto, a escasas dúas horas de traxecto.

 

Aloxamento

Hoteis na cidade de Ourense

Nos últimos anos a cidade viu crecer a súa oferta hostaleira incorporando establecemento de prestixiosas cadeas que conviven con establecementos máis clásicos avalados por anos de experiencia e calidade.
No seguinte mapa móstranse os principais aloxamentos na cidade de Ourense.

Ofertas de aloxamento en Ourense e arredores

Ourense é un lugar para relaxarse, descansar e sentirche como na casa. Na cidade ou nos arredores, as opcións son moitas e variadas, aptas para todos os petos. Unha oferta de aloxamento onde, como era de esperar, as propostas termais tamén están presentes.
Visite as diferentes opcións de aloxamento en turismodeourense.gal.